Devesa da Rogueira - Ruta Fonte do Cervo
- 4 kms
- Media / Alta
- 836
- 194
- 4 horas
- Excursionismo
- Senderismo
Cargando mapa...
Descripción
A mellor ruta da Devesa da Rogueira e de todo o Courel, e posibelmente de toda Galicia, a "Subida ao Fonte do Cervo", xa que en ela atoparemos a diferente vexetación das fragas galegas e como os arbores cambian según a altitude. Nesta ruta atoparemos a Devesa da Rogueira no seu esplendor, e temos que pagar un prezo, a subida.-Senda Sinalizada NON
-Fontes NON
-Accesible Minusvalidos. NON
-Apta Nenos/Anciáns NON
-Ruta Circular; NON
-Aparcadoiro SI
-Cando Ir; Primavera/Verán/Outono
-Perigo; Moderada, se choveu, perigo pola pendente
COMO CHEGAR;
A Senda comeza xunto a Aula da Natureza[P], onde poderemos deixar o coche. A aula atopase na aldea de Moreda, que chegase desde Seoane do Courel, que colleremos dirección Folgoso do Courel, no quilómetro 2, á altura de Ferrería Nova, temos un desvío á esquerda para Moreda e o Aula da Natureza que se atopa a 4 quilómetros deste desvío.
RUTA;
A ruta comeza suavinha, entre soutos e secadeiros de castañas, algúns paneis porannos ao día (ver foto 1). Tras un 1 km ou asi vemos como iniciamonos unha lixeira ascensión entre aciñeiras primero (ver foto 2), robres rebolos despois e mais tarde abeleiras, freixos ou pradairos. Isto indícanos a que altura imos atopandonos, e como o bosque vai facendose mais húmido (ver foto 3). Xa vamos internarnos na ladeira.
Agora comezaremos a notar como a ascensión faise cada vez mais custosa, así que é bo momento para recrearse coa vexetación que rodeanos e rehidratarse un pouquinho, xa que ainda a Devesa é húmida, notase o desgaste de auga. A ascensión vainos mostrando a variedade de arbores; carballos, faias, acivros, capudres, teixos, etc. conformando un bosque mais propio doutras latitudes mais noreuropeas. Os faiales (ver foto 4) son moi escasos na Galicia, maiormente polo sedimento da terra galega, que é moi silicio e as faias queren terras calcareas. Tan só podemos atopar faiales no Courel, nas 7 devesas (Rogueira, Romeor, Paderne, A Valiña, Faro, Montouto e Zanfoga) ún nos Ancares (A Pintinidoira) e outro en Terras de Burón (A Marronda).
Outros arbores que atoparemos son os Acivros, conhecidos por ser arbores moi utilizados no Nadal xa que é cando ten froitos, e os Teixos (ver foto 5), arbore sagrado dos Celtas, moi extendidos por Galicia e Asturies, onde atopamos magnificos teixeiros como O Teixedal de Casaio, O Teixedelo de Sanabria (ver minhas rutas) ou Teixeda de Sueve, os cales poden vivir mais de 1000 anos e os suos froitos poden matar unha persoa.
Xa chegamos ata riba do sendeiro, onde cruzaremonos con outros roteiro, o que cruza a devesa lateralmente, e non ten subida, pero que a minha modesta opinión no é tan fermoso de ver. Alí colleremos a dereita no novo roteiro e a lo pouco atoperemos outros sendeiro a esquerda que é o que levanos a Fonte do Cervo.
A FONTE DO CERVO
A fonte do Cervo (ver foto 6) ou tamén chamada da Fame, posúe unhas características moi especiais que a fan única na zona. Dunha mesma roca brotan dous mananciais próximos entre si pero moi diferenciados, dun brotan augas ferruginosas e do outro augas calcáreas. Ambas teñen propiedades curativas e pra estimular o apetito, gozan de gran fama entre as xentes dos pobos dos arredores e ata por parte das xentes do veciño Bierzo. Eíqui podemos voltar abaixo, e si queremos, é non estamos cansos, voltamos ao roteiro anterior que cruza a devesa lateralmente e levamos ata o espectacular miradoiro de Polín, onde podemos ver a Devesa totalmente dende un alto.
Vemonos na Devesa!
(nota do autor)
Aínda que pareza incrible, este magnifico paraxe non é Parque Natural aínda, e non ten protección algunha, polo que non vos estrañe visitalo e atoparvos xente cazando cando facemos o roteiro, ou veciños plantando arbores non autoctónos (piñeiros, ocalitos, etc) que poden facer que se perda o noso bosque galego . Si queredes apoiar a Creación dos Parques Naturais do Courel e Os Ancares, visitas a web de SOS Courel (http://soscourel.blogspot.com) ou dos Ancares (http://ancares-terracelta.blogspot.com). Grazas.
Rutas relacionadas
¿Qué más puedo hacer?
Valoración
Comentarios
Debes entrar o registrarte para poder dejar un comentario.





